CCOO Servizos gaña por segunda vez consecutiva as eleccións en Frater Prevención Lugo
·
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas en Frater Prevención (Lugo), que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo sindicato logrou un delegado, despois de dúas impugnación presentadas por UGT. CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.
