CCOO denunciamos que os beneficios récord de Caixabank se traducen en «máis presión e nulo recoñecemento»
·
Representantes de CCOO de Galicia sumáronse este martes ás mobilizacións estatais para esixir un cambio de rumbo na política laboral de Caixabank. A protesta, que tivo lugar na oficina da rúa Corcubión da Coruña, serviu para visibilizar o descontento do cadro de persoal ante unha situación que cualifican de «insostible». A mensaxe dos sindicatos é clara: os resultados
