Tras un parón na negociación, o día seis mantivemos unha nova reunión na que
intercambiamos as plataformas reivindicativas de sindicatos e
patronal. A plataforma conxunta das centrais sindicais, pretende sobre a base
do convenio anterior avanzar en temas como:
Melloras
substanciais nos contratos a tempo parcial, no que respecta a tipo
de horarios, consolidación de horas e promoción a tempo completo.Control de
Xornada mediante instalación de sistemas de fichaxe.Libranzas
de fin de semana en tendas de zona de influencia turística.Melloras
en vacacións e licenza retribuídas.Inclusión
de normas para o tratamento do acoso.Melloras
no tratamento dos inventarios.Paga de
Incentivos por beneficios.Un
incremento de salarios acorde ás melloras das condicións
económicas das empresas.
Por parte da patronal, e negociando nunhas condicións económicas
que para nada teñen que ver cos momentos máis difíciles da crise
da negociación do Convenio anterior, manteñen unha actitude de
negociación á baixa, sen presentar unha plataforma clara das súas
pretensións e cunha ambigüidade que deixa ver un intento ou
pretensión de empeorar en aspectos como:
Sen
proposta de incremento salarial definido.Modificar
Pago IT (baixas por enfermidade ou accidente laboral)Recorte de
pluses, axudas, nocturnidad e tempo de descanso.Recorte de
abono de horas extras.Incremento
das porcentaxes de horas complementarias obrigatorias.
Desde Comisións Obreiras, entendemos que a patronal se equivoca e
que non é o momento de tentar precarizar e empeorar máis as
condicións laborais do persoal que traballa no Comercio de
Alimentación.
