O pasado 5 de abril,
constituíuse a mesa de negociación do noso convenio, os tres
sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta
para defendela de forma unitaria a cal foi entregou á patronal o pasado día
16 de abril. As traballadoras e traballadores do téxtil de Ourense temos un convenio prorrogado e con conxelación salarial desde o ano
2011. Non podemos escoitar, cada día, que a situación económica
mellora, e consentir que isto non se reflicta, tanto nos salarios,
como nas condicións de traballo do persoal. Desde a negociación do
convenio temos que traballar para conseguir un salario digno e unhas
condicións que nos permitan conciliar a nosa vida laboral e
familiar. Resumo plataforma sindical conxunta
FAGAMOS
VALER A UNIDADE A UNIÓN FAI A FORZA
Convenio
Comercio Téxtil 2018 Resumo da Plataforma Sindical Conxunta
Vixencia e
duración.
De 1 de xaneiro de
2011 a 31 de decembro de 2019
Salarios.
Anos 2011, 2012,
2013, 2014, 2015, 2016 e 2017: IPC do ano anterior máis 1 punto.
Anos 2018 e 2019: Incremento de 60 ? lineais cada un dos anos nas
quince pagas.
Pagas
extraordinarias.
A paga de beneficios
pasará a denominarse ?paga de primavera?.Como norma xeral, agás
acordo explícito entre as partes, as pagas extraordinarias non se
ratearán nas nóminas mensuais.
Xornada laboral.
Xornada
máxima anual de 1.800 horas.Libranza
mínima de 18 sábados ao ano.Os descansos
durante a xornada serán:Xornadas de
5 horas: 15 minutos.Xornadas de
6 ou 7 horas: 30 minutos.Xornadas
partidas de 8 horas: 15 e 30 minutos (mañá e tarde)
Nos comercios
con horario de apertura continuada, a xornada laboral das persoas
empregadas será tamén continuada.Cada
traballador terá dereito a catro días de asuntos propios que
poderán gozar sempre que os comunique con quince días de
antelación e que non supoñan prolongación ou adiantamento do
período de vacacións.
Traballo en
domingo, festivo e xornadas especiais.
O traballo en
domingos, festivos e xornadas especiais serán de carácter
voluntario.Enténdese
por xornadas especiais os días 24 e 31 de decembro ou as campañas
extraordinarias (Black Friday etc…).A retribución
será de 30 ?/hora, debendo garantirse un mínimo de cinco.A xornada
máxima en festivos seguirá sendo de 7 horas, mais para os efectos
da súa compensación, tanto en cartos como en libranza, terá o
mesmo tratamento que se fora de 8 horas.
Vacacións.
31 días naturais e
non poderán comezar a computarse en festivo nin en véspera de
festivo. Axustar a relación entre vacacións e IT ao actual marco
legal. Necesariamente, 15 días gozaranse entre o 15 de xuño e o 30
de setembro.
Contratación
fixa.
Deberá ser dun
mínimo do 75% do cadro de persoal no segundo ano de apertura.
Contratos
formativos e contrato en prácticas.
Regulalos para
evitar o fraude.
Inasistencias
retribuídas.
Matrimonio:
18 días.Incrementar a
4 días o apartado 2), e a 6 días no caso de desprazamento.Un día por
voda de pais, nais, irmáns ou fillos.Lactación:
20 días hábiles.Revisar garda
legal e paternidade.Incrementar
garda legal ata os 14 anos.Elección da
concreción horaria na redución de xornada por garda legal.Comezo das
licenzas o primeiro día laborable seguinte ao feito causante.
Outras condicións
económicas.
Plus
transporte: 51 ? mensuais.Plus
nocturnidade: Aboarase nunha contía do 30% do salario base polo
tempo traballado entre as 22:00 e as 8:00 horas.
Novos artigos:
Obrigatoriedade
de aplicación do convenio sectorial nas empresas multiservizos.Creación
dunha póliza de seguros colectiva.Nas xornadas
do 24 e 31 de decembro, a hora de peche non poderá ser máis alá
das 16:00 horasContrato a
tempo parcial:A duración
mínima será de 28 horas.Xornadas
mínimas de 4 horas continuadas.Establecer
limitacións para a celebración destes contratos.Consolidación
das horas complementarias: o 50% das realizadas no ano natural.As persoas
con concreción horaria tamén se beneficiarán da consolidación.As horas
complementarias non poderán superar o 15%.As horas que
excedan a xornada contratada que non sexan avisadas con máis de 7
días de antelación, terán a consideración de horas
extraordinarias.Preferencia
de conversión dos contratos parciais a tempo completo antes de
realizar novas contratacións parciais.
