Trala negociación coa dirección da empresa tamén en Stradivarius de
Pontevedra, igual que en outras empresas do grupo Inditex, chegamos
a un acordo para mellorar as condicións económicas e laborais das
traballadoras e traballadores desta empresa na provincia de
Pontevedra. Segue
Os
puntos resumidos deste acordo son:
A
partir do mes de setembro, un plus de 80 eur para todo o persoal
sexa cal sexa a súa xornada. Este plus terá un incremento do 1,5%
cada ano.TRABALLO
EN DOMINGOS E FESTIVOS : Establécense dúas opcións de
compensación, a elección do persoal da tenda e sempre en
proporción da xornada:160 eur sen devolución de horas.
80 eur máis devolución de horas.
ADAPTACIÓN
ESCOLAR por fillos ou fillas de 3 a 4 anos: 6 horas.LICENZA
RETRIBUÍDA POR ENFERMIDADE: 10h anuais para o acompañamento de
familiares de 1º grao ao médico.
ACUMULACIÓN
DE LACTACIÓN: Amplíase o período de acumulación de lactación
nas contías seguintes dependendo da xornada:30h:
40 días naturais40h:
30 días naturais
VACACIÓNS:
21 días garantidos a partir de rebaixas e hasta o mes de setembro.
AXUDAS
SOCIAIS: 150 ? por nacemento o adopción de fillo ou filla.
80 eur por cada día de ASUNTOS PROPIOS sen xustificar non desfrutado.
EXCEDENCIA
VOLUNTARIA: con reserva do posto de traballo por unha duración de
seis meses a un ano.
DESCANSOS
DENTRO DA XORNADA: dous tempos de descanso para todas as quendas:Xornadas
de menos de 6h: 20 minutos de descansoXornadas
de 6h ou máis: 30 minutos de descanso
Desde
CCOO facemos unha valoración positiva deste acordo que consegue
mellorar as condicións de traballo e salariais en Stradivarius
Pontevedra. Desde a representación de CCOO nas diferentes empresas
do grupo Inditex seguiremos expoñendo a necesidade de que os
traballadores e traballadoras gocen das mesmas condicións sen que a
provincia ou a empresa na que traballen sexa un condicionante para que estas sexan diferentes.
Para
CCOO é un paso máis, pero temos claro que debemos seguir reivindicando a mellora das condicións laborais e así o faremos.
A firma deste acordo non significa que todo o traballo estea feito,
agora toca poñelo en marcha, esixir o seu cumprimento e tentar
melloralo no futuro.
Poñémonos
á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que vos xurda.
