ÉXITO TOTAL DA FOLGA! O persoal do sector do comercio alimentación de Ourense esixe un convenio digno e a equiparación das condicións laborais
·
O sector da alimentación na provincia de Ourense vive hoxe unha xornada histórica de mobilizacións. A folga, cun seguimento dun 90%, foi convocada para reclamar un convenio colectivo xusto e a equiparación das condicións laborais. As traballadoras e traballadores decidiron dar un paso adiante para facer visible a súa situación e esixir cambios inmediatos. A protesta conta cunha
